jueves, 22 de septiembre de 2016

ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA CAZASOÑOS NO TEATRO JOFRE

Nos seguintes enlaces poderedes acceder á actuación da nosa compañía no teatro Jofre o día 8 de xuño de 2016, na que representamos a ópera orixinal "A PONTE DOS SOÑOS", creada por nós. Durante o proceso axuda de profesionais, dos profesores e dos nosos pais, pero ese día non tiñamos a ningún deles detrás do escenario, porque o gran reto consistiu en ser todos unha COMPAÑÍA.

O tema que tratamos na nosa ópera son os medos e a tese que queremos comunicar é 
"Libres para conseguir os nosos soños"

A obra trata sobre os conflitos e medos que xorden entre cinco nenos que están nun campamento nas Fragas do Eume.

1ª escena

Obertura
Música: Cazasoños
Rap
Letra: Cazasoños
Base: Sebas, da compañía "Los Titos"


2ª escena

Medo no mosteiro
Letra e Música: Cazasoños


3ª escena

Eu non son friki
Letra e Música: Cazasoños
Libres para conseguir os nosos soños
Letra e Música: Cazasoños



lunes, 9 de mayo de 2016

VISITA DE EVA PEDREIRA DIAZ

Unha visita moi interesante que tivemos e unha das que máis nos gustou foi a de Eva Pedreira! É unha maquilladora que nos ensinou moito sobre maquillaxe e lle fixemos preguntas sobre a caracterización para a nosa ópera: como se fai a maquillaxe de medo; cales son as principales técnicas para maquillar,.... A súa visita axudounos porque nos deu moita información e nos divertimos moito.

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

O luns 18 de xaneiro visitounos o escritor Antón Cortizas. Foi un privilexio ter a este escritor tan famoso aquí. Ensinounos que con vinte palabras formaba unha historia e que unha historia tiña que ser orixinal, con sentido e que algunhas tiñan que ter unha ensinanza. E que daba igual que palabras fosen. Gustounos moito a sùa visita porque nos deu moita información para os nosos escritores. A súa visita foi moi interesante. Se queredes saber máis de Antón Cortizas, aquí vos deixamos a ligazón da Wikipedia sobre el:


A VISITA DE BUCANERO

Un luns recibimos a visita de alguén moi especial para todos nós: Bucanero! Son uns actores non uns piratas, AC-TO-RES. A todos nos gustou porque son moi graciosos e nos axudan moito con estas cousas xa que eles teñen moita experiencia e contáronnos cousas sobre o que era interpretar e nos fixmolles preguntas sobre algunha das súas obras e a súa carreira. E representaron un anaco dalgunha obra que teñen feito. A todos nos gustou moito a súa visita.


jueves, 28 de abril de 2016

A FEIRA DA PLANTACIÓN

O día 24 de abril estivemos na Feira da Plantación, vendendo as cousas que fixemos durante todo este mes. Vendimos moitísimo: plantas, botes decorados, saquiños de ambientador, etc. Ao principio repartímonos o traballo: tres vendían e os outros facían publicidade repartindo folletos, e tamén vendían á xente que pasaba por alí. Fomos un dos postos que máis vendimos e gañamos moitos cartos para a nosa ópera. Gustounos moito estar nesa feira xa que ademais de axudarnos cos cartos, divertímonos moito e fixemos moita publicidade do noso proxecto. Ademais puidemos estrear as nosas camisetas!!!


jueves, 21 de abril de 2016

A ENTREGA DE PROFESIÓNS

O día 25 de xaneiro repartíronnos as profesións. Todos estabamos moi nerviosos porque non sabiamos que nos ía tocar. Primeiro chamaron a un compañeiro e todos aplaudiron. Logo os profesores déronlle un diploma que poñía a profesión e o seu nome. Tamén deron unha bolsiña cun agasallo que tiña que ver coa súa profesión, e así con todos...  

Foi un día moi emocionante para todos!

A PREPARACIÓN PARA A FEIRA DA PLANTACIÓN




Onte viu Ana, a nai dunha compañeira, para ensinarnos a facer botes decorados e outras cousas máis que imos vender o domingo 24 de abril na Feira da Plantación. Estamos moi contentos pola nosa participación nesa feira e así gañar cartos para a nosa ópera. Ademais temos cousas moi bonitas e o proceso para facelas é moi divertido e fácil. Venderemos plantas, botes decorados, saquiños de ambientador decorados e diademas tamén decoradas. É todo artesán. Esperemos que a xente nos compre moito e que lles guste o que fixemos.